
Ten 25 anos,é saguitario é vive en madrid.Ilustrador, debuxante e deseñador en soportes dixitais. Foi un dos creadores e editores do fanzine "Alopecia Mental". Colaborador das revistas "BD Banda", "Barsowia" e participante no álbum colectivo "H2Oil".
Bedegrafia:
- Tres tiras dunha serie de funny animals de xénero cómico cotidiano chamada "Lucky Duckie" no "Alopecia mental" nº2 (2000)
- Historia curta de título "Limbo" de corte fábulo-cómico-mitolóxica ("BD Banda" nº2, 2002)
- Historia homenaxe a "13 Rúe del Percebe" ("Fanzine das Xornadas" de Ourense, 2002)
- Serie "Lúa" de humor näif (segunda etapa de "Golfiño", 2002)
- Serie "Niko Natas" ao estilo Hanna-Barbera sobre un xenio malvado (segunda etapa de "Golfiño", 2003)
- Serie de xénero negro "Sam Reinhardt" ("BD Banda" nº4, 2003)
- "Ulf e Olf" serie de humor absurdo ("Barsowia" nº1, 2003; nº2, 2004)
- "Stereotöpffer: Noma wuarra", historia cómica de homenaxe ás películas mudas ("Barsowia" nº1, 2003)
- "Stereotöpffer: Txapapott pointorg" para o álbum colectivo "H2Oil" (2003)
- "Don Ninguén", historia cómica muda ("Fanzine das Xornadas", 2003)
Ganou o 3ºpremio do salón de comic de Vigo no 1995.tamen gañou o 1ºpremio no concurso de banda deseñada de Ourense 2001 etc. Pablo C.M.